viernes, 22 de marzo de 2013

QUE FAI O NOSO ANPA

O outro dia falando cunha nai ,explicoume que habia pais/nais que non sabian moi ben  en que invertia o anpa o diñeiro e cal era a nosa mision no cole.Nesta entrada vouvos contar e ensinar o que fixemos este ano no cole, inda nos queda a ultima evaliacion  e moitas cousas por facer .



Co diñeiro que pagades por ser socios do anpa e do que imos recaudando durante o curso fanse diversas cousas no colexio entre elas e ata agora:
-aportaronse castañas e bebida pola festa do  magosto para os nenos
-encargaronsenlle a papanoel os agasallos e caramelos para os nenos no nadal.
-renovaronsee xoguetes en infantil e en primaria
-arraxaronse as mesas de madeira do patio exterior que estaban deterioradas(inda nos queda barmizalas)
-organizouse a festa do entroido
-colocaronse unhas cortinas que amoso nas fotos , no salon de actos do colexio
-pintouse o patio de abaixo

E nos para que servimos:
-para obter e dar informacion,facer propostas, etc no ambito do centro
-como entidade sen findes de lucro e de interese social, podemos conseguir subencions e recursos en convocatorias publicas ,
-recudar medios e aportacions dos pais para mellorar o equipo e recursos do centro.
- asesoramos os pais sobre os seus dereitos e relacions co centro
-participamos na eleccion dos representantes dos pais no consello escolar
-colaboramos na labor educativa no centro e nas actividades extraescolares

se tedes algunha dubida ou se queredes aclarar algo podedes localizarnos no centro durante as horas de extraescolar ou ben chamando o telefono do anpa  ou mediante  correo electronico .(tendes mais fotos das obras, do cole, e das extraescolares no noso facebook)
un saudo