lunes, 16 de diciembre de 2013

chegada de papanoel

este mercores papanoel visitara o noso cole coma todos os anos para agasallar os nenos e profes que se portaron ben
Asi que se queredes subir a ver como os vosos peques reciben o seu agasallo a partir das 10 da mañana na entrada do cole
un saudo a todos

jueves, 14 de noviembre de 2013

REPORTAXE FOTOGRAFICO DE NADAL

O vindeiro luns faremos no cole o reportaxe fotografico a cargo de fotografia Dravi´s4aqui podedes ver de que consta dito repostaxe asi que xa sabedes pode ben guapos os vosos fillos



lunes, 16 de septiembre de 2013

CUOTA ANPA


 

            Queremos informarvos de que xa está aberto o prazo para facer o pago da cuota anual da ANPA na entidade de Novagalicia Banco. É preciso facer o pago antes do 7 de outubro para así telo en conta no cobro das cuotas das actividades extraescolares. O  importe son 15 € anuais por famila.

E moi importante: debe facerse constar no xustificante de pago bancario o Nome e apelido da Nai do alumno/a.

            No momento en que se comprobe o ingreso, enviaremos a TARXETA DESCONTO polos vosos fillos/as, acompañada dunha nota de “recibín”, que nos será devolta, firmada polo pai/nai, conforme a tarxeta está nas vosas mans.

 

Nº cta:  2080 5209 47 3000061784

 

P.D._ coma o ano pasado tendes a posibilidade de facer o pago da cuota ben mediante ingreso na conta de Novagalicia Banco ou ben en efectivo ós membros da ANPA en horario de luns a venres de  9.30-10.00 e de 14.00-14.30

                                              

 

lunes, 17 de junio de 2013

ASAMBLEA ORDINARIA DO ANPA 6 XUÑO DO 2013


No CEIP de Quintela, sendo as 20.30 hs do día 6 de xuño de 2013 da comezo unha reunión ordinaria da Xunta Directiva da ANPA cos pais/nais coa seguinte orde do día:

1º) Lectura da acta anterior .

2º) Estado de contas e balances.

3º) Tarefas realizadas en pendentes durante o curso.

4º) Venta de rifas e sorteo de tablet.

5º) Posibles novas altas na Xunta Directiva da ANPA .

6º) Rogos e preguntas.

  1. Lectura da Acta anterior: A secretaria fai lectura da acta anterior que queda aprobada por unanimidade.
  2. Lectura do estado de contas e balance: A tesorera fai lectura do estado de contas.
  3. Tarefas realizadas e pendentes durante o curso:

TAREFAS RALIZADAS:

1.       Adquisición de ChándalS e mandilóns: Realizado. A presidenta explica a subida do prezo debido a última subida do IVE que pasou dun 18% a un 21%.

2.       Tarxeta desconto para os socios da ANPA: realizado.

3.       Actividades extraescolares: Realizado.  No sondeo para o vindeiro curso as novas actividades propostas que acadaron máis votos ata o momento foron: Repostería é Manualidades.

4.       Renovación de xoguetes de infantil é primaria: Realizado.

5.       Colaboración na festa do Magosto: Aportando augas e castañas. Realizado.

6.       Reportaxe fotográfico de Nadal: Realizado.

7.       Venta de lotería de Nadal: Realizado.

8.       Visita de Papa Noel con agasallos para os nenos: realizado.

9.       Colaboración no desfile do Entroido: Merenda para os nenos , instalación de cantina e alquiler dos altavoces. Realizado. A presidenta agradece a todos os nais/pais por colaborar coa ANPA consumindo productos da cantina.

10.   Aportacións  económicas para excursións de fin de curso: colaboración no pago do transporte e das entradas do parque de bolas en nenos de 3 anos. Realizado.

11.   Aportación económica para a festa de fin de curso: inchables. A votación para esta aportación posponse para o apartado de rogos e preguntas.

12.   Confección e colocación de cortinas no salón de actos: realizado.

13.   Pintar teito do patio cuberto: realizado.

14.   Creación do facebook e renovación do blog da ANPA: realizado.

15.   Reparación e mantemento das mesas do patio de infantil: realizado.

16.   Poda de árbores do patio de infantil: realizado.

17.   Colocación de novos desagües no patio superior: realizado.

18.   Agradecementos:

A presidenta agradece pola súa colaboración de balde :

-          A empresa  Gruas Rivera e un pai dun membro da ANPA  na colocación do desagüe.

-          A varios pais/nais por aportar augas ,zumes e pasteliños de balde para magosto e entroido.

-          A nai dun membro da ANPA pola confección de balde das cortinas do salón de actos.

-          A todos os pais/nais e establecementos que colaboraron na venta de lotería de nadal e rifas.

 

TAREFAS PENDENTES:

1.       Realizadas por parte da ANPA pero sen resposta da administración:

- Solicitude a Xunta do informe referente á reparación/cambio da cuberta do colexio: Sen resposta por parte da Xunta.

 

2.       Solicitude o Concello:

- Do asfaltado da zona de aparcamento de terra e acceso o patio superior.

- Sinal de prohibido aparcar na zona e horario de autobús e pintado de liña amarela.

As dúas solicitudes non tiveron resposta por parte do  Concello.

 

           TAREFAS NON REALIZADAS POR FALTA DE ORZAMENTO:

-  Cambio do cerramento do patio superior. A rede necesaria e de fabricación especial debido a súa altura, (mínimo de 3 metros), e encarece moito a obra.

Posponse para un ano onde se conte con máis orzamento e se reduzan outros gastos. O concello denegou calquera axuda para este asunto.

 

  1. Venta de rifas para o sorteo dunha tablet, Informouse de dita venta mediante unha circular aos pais. A recaudación utilizarase para novos proxectos (entre eles pintar algunhas paredes exteriores do colexio). Posto que o sorteo é o día 7 de Xuño a presidente ofrece rifas aos asistentes á reunión.

 

  1. Posibles novas altas na xunta directiva da ANPA:

 

Incorpóranse:

-          Ángel M. Lorenzo Lorenzo. Vocal.

-          Guadalupe Extremodouro Corujeira. Vocal

 

  1. Rogos e preguntas

-          Sométese a sondeo entre os asistentes se se fai a mesma aportación económica que o pasado ano para a festa de fin de curso. Chégase ao acordo de que se faga dita aportación.

-          Unha nai propón que para o magosto sexan os nenos os que aporten as castañas e que non as pague o ANPA.

 

Sendo as 21.20 hs dase por rematada a asamblea da que eu a secretaria dou fe.

 

Presidenta:                                                                       Vicepresidenta:

Estela Mosquera                                                            Marisa Vilaboa

 

Secretaria:                                                                        Tesorera:

Elena Veiga                                                                       Angela Covelo

viernes, 10 de mayo de 2013

SORTEO

 a partir do luns xa podes adquirir a tua rifa pa entrar no sorteo dunha tablet
pregunta a calquer membro do anpa...
A recaudacion do sorteo ira destinada a tapar as pintadas da parede lateral do colexio.
MOITAS GRAZAS POR COLABORAR .

martes, 7 de mayo de 2013

campus de veran no ifevi








Que e



O CAMPUS de VERAN no IFEVI



é unha oferta

multideportiva que se diferencia do resto dos

campamentos pola implicación das federacións que o

especializan. O obxetivo é promocionar e fomentar a

diversidade deportiva e que @s nen@s teñan a

posibilidade de practicar deportes para o seu

coñecemento e capacidade de elección, próxima ou

futura.



Dirixido a…



Nen@s nacidos entre o 1 de Xaneiro de 2002 e o 31

de Decembro de 2007.



Lugar de celebracion:



O campus terá lugar nas instalacións do INSTITUTO

FEIRAL DE VIGO, IFEVI. Avda. do Aeroporto 772, en

Vigo



O campus multideporte ofrece…



• 20.000 m


2 de instalacións, onde @s nen@s ao

longo da semana rotarán nas distintas actividades

que lles proporcionarán un coñecemento básico dos

diferentes deportes. A rotación inicialmente está

formulada para que cada grupo de nen@s pase por

unha actividade, como mínimo, dúas veces á

semana.





Área deportiva, coordinada polas distintas

Federacións e Clubes que participan no

campamento:


Judo, Ximnasia acrobática, Tenis,

Baloncesto, Balonmano, Rugby en inglés.






Área cultural: Taller de periodismo coordinado por

FARO DE VIGO,


Orientación onde se lles ensinará o

manexo da brúxula e a orientarse pola posición do

sol e


Educación Vial, da man dos mellores técnicos

que traballan coas distintas Administracións,

impartirán charlas para despois poñer en práctica os

coñecementos nos circuitos viales que ten o IFEVI.



• No caso en que a climatoloxía o permita se



aproveitarán os espazos e instalacións exteriores

para o desenrolo dalgunhas actividades e xogos.



• Avala o nivel de actividades a coparticipación das



Federacións Deportivas con técnicos cualificados



• Compartir actividades con nenos doutros concellos.

• Seguro de accidentes e responsabilidade civil.

• O material para o desenrolo de cada actividade o



pondrán as Entidades Coparticipantes.



Datas:



1ª Quenda: Dende o luns 1 ao venres 5 de Xullo.

2ª Quenda: Dende o luns 8 ao venres 12 de Xullo.

3ª Quenda: Dende o luns 15 ao venres 19 de Xullo.



Horarios:



O Campus ofrece dous horarios de luns a venres a elixir:



Media Xornada:



De 10.00 a 14.00 horas.

Xornada Completa:



De 10.00 a 17.00 horas -

Neste horario está incluída a comida. Os nenos

finalizarán as súas actividades de mañá ás 14.00

horas e retomarán as actividades ás 15.30 horas.

Despois da comida terán un anaco de descanso e

recreo vixiado por monitores.



Para os pais ou tutores que por razóns de traballo

teñan que deixar aos nenos antes do horario de

comezo da actividade, deberán marcalo na folla de

inscrición para facer a súa reserva. As instalacións

de IFEVI estarán abertas dende as 8.30 horas. Este

servizo non ten custo engadido.




Prezos por quendas:



Media Xornada:



60,00 € por neno

Xornada Completa:



90,00 € por neno – este importe

inclúe a comida servida polo catering do recinto.



Descontos por irmáns:



20% de desconto a partir do 2º

irmán.



Inscricion:



DATA LIMITE: Ata o 21 de maio de 2013.

Enviar as dúas follas de inscrición por:






E-mail: campus@ifevi.com



Fax: 986.26.99.27

• Achegándola as instalacións do IFEVI.



A folla de inscrición poderán atopala na web:

campus.ifevi.com

Ademáis, atenderemos as túas necesidades de inscrición

chamando ao teléfono: 986.26.99.26

Para o desenrolo do campus é necesaria a inscrición

mínima de 300 participantes semanais. No caso de non

cubrir ese número de inscritos, IFEVI poderá cancelar o

campus esa semana.



Mais informacion:



WEB: campus.ifevi.com // TELEFONO: 986.26.99.26 // MAIL: campus@ifevi.com // Nas instalación de IFEVI.






viernes, 22 de marzo de 2013

QUE FAI O NOSO ANPA

O outro dia falando cunha nai ,explicoume que habia pais/nais que non sabian moi ben  en que invertia o anpa o diñeiro e cal era a nosa mision no cole.Nesta entrada vouvos contar e ensinar o que fixemos este ano no cole, inda nos queda a ultima evaliacion  e moitas cousas por facer .



Co diñeiro que pagades por ser socios do anpa e do que imos recaudando durante o curso fanse diversas cousas no colexio entre elas e ata agora:
-aportaronse castañas e bebida pola festa do  magosto para os nenos
-encargaronsenlle a papanoel os agasallos e caramelos para os nenos no nadal.
-renovaronsee xoguetes en infantil e en primaria
-arraxaronse as mesas de madeira do patio exterior que estaban deterioradas(inda nos queda barmizalas)
-organizouse a festa do entroido
-colocaronse unhas cortinas que amoso nas fotos , no salon de actos do colexio
-pintouse o patio de abaixo

E nos para que servimos:
-para obter e dar informacion,facer propostas, etc no ambito do centro
-como entidade sen findes de lucro e de interese social, podemos conseguir subencions e recursos en convocatorias publicas ,
-recudar medios e aportacions dos pais para mellorar o equipo e recursos do centro.
- asesoramos os pais sobre os seus dereitos e relacions co centro
-participamos na eleccion dos representantes dos pais no consello escolar
-colaboramos na labor educativa no centro e nas actividades extraescolares

se tedes algunha dubida ou se queredes aclarar algo podedes localizarnos no centro durante as horas de extraescolar ou ben chamando o telefono do anpa  ou mediante  correo electronico .(tendes mais fotos das obras, do cole, e das extraescolares no noso facebook)
un saudo





lunes, 18 de febrero de 2013

POLO ENSINO PUBLICO

A todas as familias do Ensino Público

         Dende hai varios meses algunhas ANPAS trasladaron a FANPA (federación de ANPAS) a necesidade de facer algo por evitar que continúen os recortes e todas as medidas que se están a tomar tanto desde o Goberno Central como desde a Xunta; que non estivese vinculado a ningún partido político. Sen máis os pais/nais e familias uniramos esforzos para decir todos xuntos que non se pode continuar a afogar o ensino. ENSINO  PUBLICO = FUTURO.
         As medidas tomadas ata agora xa fixeron moito mal. Consideramos que temos a obriga de non quedar calados e expectantes esperando que mais vai acontecer pensando que non somos quen de conseguir cambiar nada.  Cremos  firmemente que non é así, que alomenos temos que intentalo. Así naceu a FESTA DO ENSINO PUBLICO.
         Consiste nunha xuntanza de TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO ENSINO PUBLICO (pais/nais, mestres/mestras, nenos e nenas e toda persoa que pense que o maior perxuizo que se lle pode facer a unha sociedade e mermar as posibilidades dunha educación de calidade)sin ningún tipo de afiliación política.  Non é preciso berrar para facernos oir, tamén se pode falar para pedir que o ensino non estea as ordes do goberno de turno, que son os profesionais de a pé, os que están nas aulas,  os que coñecen a realidade e as necesidades de verdade. Non se pode facer cada 8 ou 10 anos unha lei de educación sometida a criterios políticos. Son horas de exixir un PACTO EN EDUCACION con independencia de quen goberne. Ti, que opinas?
         Convidamos a todas as familias a asistir e disfrutar da 1ª FESTA DO ENSINO
PUBLICO. Vai ter lugar o sábado día 23 de febreiro as 16h no Mirador de Monte Porreiro.
Haberá música, xogos, e unha chocolotada para rematar. Faremos o 1º roteiro do Ensino Público, que consistirá nunha marcha a pé (tamén se poden levar bicis, patinetes, patins. triciclos...) na que pasaremos por os centros de ensino público de Monte Porreiro. Estarán abertos  para participar na festa.

         Sen tí e a túa familiar non será o mesmo. Anímate e ven pasar unha tarde distinta con todos nós.

Esperámosvos.

                                              
                                              

lunes, 4 de febrero de 2013

entroido 2013

xa estamos na sema do entroido.
estamos preparados para o xoves. maña o anpa tendra a sua ultima reunion pra tomalas ultimas decision acerca desa datas
o procedimento despois do desfile do colexio vai selo mesmo de anos anteriores que sera a chegada a escola repartirase a cada neno un vale que podra canxear na cantina por unha filloa unha ourella e un botellin de auga.
os pais nais avos tios e demais familia que acompañedes os nenos podedes tamen merendar con eles calquer dulce tipico destas festas ou empanada ou un chocolate quente con roscon ou bica.

jueves, 17 de enero de 2013

FACEBOOK

O ANPA DE QUINTELA XA TEN FACEBOOK

SE QUERES ENTERARTE DAS NOVAS, REUNIONS, E ACONTECEMENTOS QUE IMOS FACER ENTRA EN



E REGALANOS UN   "ME GUSTA"



INDA TEMOS MOITAS COUSAS QUE ENGADIR , FOTOS , ENLACES , ETC PERO TODO O SEU TEMPO

MOITAS GRAZAS A TODOS



miércoles, 16 de enero de 2013

ENTROIDO 2013

xa se achega o carnaval e o anpa empeza a organizalas tarefas ¡¡¡este ano con novidades!!!

como cada ano o colexio fara asaida ,esta vez ata a igrexa de quintela para que os nenos poidan lucilos disfraces no que tanto traballan, asi que se vivides o redor non vos olvidedes de botarlles algun que outro carameliño para que a caminata sexa mais divertida ;)
Cando den a  volta e xa na porta principal do colexio algun membro do anpa entregara a cada neno unha papeleta que podra canxear por unha merenda (darase un vale por neno) e que constara de filloa, ourella de carnaval e auga

Este ano a diferencia dos outros faremos unha cantina para que os papis tamen podades merendar nela ofreceremos bebidas, dulce e salado a precios familiares.( o diñeiro recaudado sera  destinado para axuda das excursions de fin de curso)




A medida que se acerque a data informaremos de mais pero irse animando que pretiño esta!!!

martes, 15 de enero de 2013

2ª cuota de piscina

Estimados Nais/Pais:
queriamos lembralles  que o vindeiro 1 de Febreiro  remata o segundo prazo do pagamento da cuota de piscina (30.50€).
As  familias poderan pagalo mediante tranferencia bancaria o seguinte nº de conta:


(Novagaliciabanco) 2080/5209/47/3000061784
ou a calquer membro do anpa en calquera das actividades extraescolares
Non esquezades que na transferencia debe figurar no concepto o nome  completo do neno , do pai ou da nai
Para calquera dúbida podedes poñeros en contacto con nos  no correo electrónico anpaquintela@terra.es ou no tlfno: 665368924.
Un saúdo,
ANPA QUINSA