viernes, 22 de marzo de 2013

QUE FAI O NOSO ANPA

O outro dia falando cunha nai ,explicoume que habia pais/nais que non sabian moi ben  en que invertia o anpa o diñeiro e cal era a nosa mision no cole.Nesta entrada vouvos contar e ensinar o que fixemos este ano no cole, inda nos queda a ultima evaliacion  e moitas cousas por facer .



Co diñeiro que pagades por ser socios do anpa e do que imos recaudando durante o curso fanse diversas cousas no colexio entre elas e ata agora:
-aportaronse castañas e bebida pola festa do  magosto para os nenos
-encargaronsenlle a papanoel os agasallos e caramelos para os nenos no nadal.
-renovaronsee xoguetes en infantil e en primaria
-arraxaronse as mesas de madeira do patio exterior que estaban deterioradas(inda nos queda barmizalas)
-organizouse a festa do entroido
-colocaronse unhas cortinas que amoso nas fotos , no salon de actos do colexio
-pintouse o patio de abaixo

E nos para que servimos:
-para obter e dar informacion,facer propostas, etc no ambito do centro
-como entidade sen findes de lucro e de interese social, podemos conseguir subencions e recursos en convocatorias publicas ,
-recudar medios e aportacions dos pais para mellorar o equipo e recursos do centro.
- asesoramos os pais sobre os seus dereitos e relacions co centro
-participamos na eleccion dos representantes dos pais no consello escolar
-colaboramos na labor educativa no centro e nas actividades extraescolares

se tedes algunha dubida ou se queredes aclarar algo podedes localizarnos no centro durante as horas de extraescolar ou ben chamando o telefono do anpa  ou mediante  correo electronico .(tendes mais fotos das obras, do cole, e das extraescolares no noso facebook)
un saudo





lunes, 18 de febrero de 2013

POLO ENSINO PUBLICO

A todas as familias do Ensino Público

         Dende hai varios meses algunhas ANPAS trasladaron a FANPA (federación de ANPAS) a necesidade de facer algo por evitar que continúen os recortes e todas as medidas que se están a tomar tanto desde o Goberno Central como desde a Xunta; que non estivese vinculado a ningún partido político. Sen máis os pais/nais e familias uniramos esforzos para decir todos xuntos que non se pode continuar a afogar o ensino. ENSINO  PUBLICO = FUTURO.
         As medidas tomadas ata agora xa fixeron moito mal. Consideramos que temos a obriga de non quedar calados e expectantes esperando que mais vai acontecer pensando que non somos quen de conseguir cambiar nada.  Cremos  firmemente que non é así, que alomenos temos que intentalo. Así naceu a FESTA DO ENSINO PUBLICO.
         Consiste nunha xuntanza de TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO ENSINO PUBLICO (pais/nais, mestres/mestras, nenos e nenas e toda persoa que pense que o maior perxuizo que se lle pode facer a unha sociedade e mermar as posibilidades dunha educación de calidade)sin ningún tipo de afiliación política.  Non é preciso berrar para facernos oir, tamén se pode falar para pedir que o ensino non estea as ordes do goberno de turno, que son os profesionais de a pé, os que están nas aulas,  os que coñecen a realidade e as necesidades de verdade. Non se pode facer cada 8 ou 10 anos unha lei de educación sometida a criterios políticos. Son horas de exixir un PACTO EN EDUCACION con independencia de quen goberne. Ti, que opinas?
         Convidamos a todas as familias a asistir e disfrutar da 1ª FESTA DO ENSINO
PUBLICO. Vai ter lugar o sábado día 23 de febreiro as 16h no Mirador de Monte Porreiro.
Haberá música, xogos, e unha chocolotada para rematar. Faremos o 1º roteiro do Ensino Público, que consistirá nunha marcha a pé (tamén se poden levar bicis, patinetes, patins. triciclos...) na que pasaremos por os centros de ensino público de Monte Porreiro. Estarán abertos  para participar na festa.

         Sen tí e a túa familiar non será o mesmo. Anímate e ven pasar unha tarde distinta con todos nós.

Esperámosvos.

                                              
                                              

lunes, 4 de febrero de 2013

entroido 2013

xa estamos na sema do entroido.
estamos preparados para o xoves. maña o anpa tendra a sua ultima reunion pra tomalas ultimas decision acerca desa datas
o procedimento despois do desfile do colexio vai selo mesmo de anos anteriores que sera a chegada a escola repartirase a cada neno un vale que podra canxear na cantina por unha filloa unha ourella e un botellin de auga.
os pais nais avos tios e demais familia que acompañedes os nenos podedes tamen merendar con eles calquer dulce tipico destas festas ou empanada ou un chocolate quente con roscon ou bica.

jueves, 17 de enero de 2013

FACEBOOK

O ANPA DE QUINTELA XA TEN FACEBOOK

SE QUERES ENTERARTE DAS NOVAS, REUNIONS, E ACONTECEMENTOS QUE IMOS FACER ENTRA EN



E REGALANOS UN   "ME GUSTA"



INDA TEMOS MOITAS COUSAS QUE ENGADIR , FOTOS , ENLACES , ETC PERO TODO O SEU TEMPO

MOITAS GRAZAS A TODOS



miércoles, 16 de enero de 2013

ENTROIDO 2013

xa se achega o carnaval e o anpa empeza a organizalas tarefas ¡¡¡este ano con novidades!!!

como cada ano o colexio fara asaida ,esta vez ata a igrexa de quintela para que os nenos poidan lucilos disfraces no que tanto traballan, asi que se vivides o redor non vos olvidedes de botarlles algun que outro carameliño para que a caminata sexa mais divertida ;)
Cando den a  volta e xa na porta principal do colexio algun membro do anpa entregara a cada neno unha papeleta que podra canxear por unha merenda (darase un vale por neno) e que constara de filloa, ourella de carnaval e auga

Este ano a diferencia dos outros faremos unha cantina para que os papis tamen podades merendar nela ofreceremos bebidas, dulce e salado a precios familiares.( o diñeiro recaudado sera  destinado para axuda das excursions de fin de curso)




A medida que se acerque a data informaremos de mais pero irse animando que pretiño esta!!!

martes, 15 de enero de 2013

2ª cuota de piscina

Estimados Nais/Pais:
queriamos lembralles  que o vindeiro 1 de Febreiro  remata o segundo prazo do pagamento da cuota de piscina (30.50€).
As  familias poderan pagalo mediante tranferencia bancaria o seguinte nº de conta:


(Novagaliciabanco) 2080/5209/47/3000061784
ou a calquer membro do anpa en calquera das actividades extraescolares
Non esquezades que na transferencia debe figurar no concepto o nome  completo do neno , do pai ou da nai
Para calquera dúbida podedes poñeros en contacto con nos  no correo electrónico anpaquintela@terra.es ou no tlfno: 665368924.
Un saúdo,
ANPA QUINSA

viernes, 28 de diciembre de 2012

Llego papanoel

o dia 20 de decembro chegou papanoel o cole de quintela  .
Os nenos baixaron a contarlle como se portaron este ano e papanoel entregoulles  un agasallo e un paquetiño de caramelos
dende o anpa de quintela vos desexamos un bo nadal e un propsero ano novo 2013.