lunes, 17 de junio de 2013

ASAMBLEA ORDINARIA DO ANPA 6 XUÑO DO 2013


No CEIP de Quintela, sendo as 20.30 hs do día 6 de xuño de 2013 da comezo unha reunión ordinaria da Xunta Directiva da ANPA cos pais/nais coa seguinte orde do día:

1º) Lectura da acta anterior .

2º) Estado de contas e balances.

3º) Tarefas realizadas en pendentes durante o curso.

4º) Venta de rifas e sorteo de tablet.

5º) Posibles novas altas na Xunta Directiva da ANPA .

6º) Rogos e preguntas.

  1. Lectura da Acta anterior: A secretaria fai lectura da acta anterior que queda aprobada por unanimidade.
  2. Lectura do estado de contas e balance: A tesorera fai lectura do estado de contas.
  3. Tarefas realizadas e pendentes durante o curso:

TAREFAS RALIZADAS:

1.       Adquisición de ChándalS e mandilóns: Realizado. A presidenta explica a subida do prezo debido a última subida do IVE que pasou dun 18% a un 21%.

2.       Tarxeta desconto para os socios da ANPA: realizado.

3.       Actividades extraescolares: Realizado.  No sondeo para o vindeiro curso as novas actividades propostas que acadaron máis votos ata o momento foron: Repostería é Manualidades.

4.       Renovación de xoguetes de infantil é primaria: Realizado.

5.       Colaboración na festa do Magosto: Aportando augas e castañas. Realizado.

6.       Reportaxe fotográfico de Nadal: Realizado.

7.       Venta de lotería de Nadal: Realizado.

8.       Visita de Papa Noel con agasallos para os nenos: realizado.

9.       Colaboración no desfile do Entroido: Merenda para os nenos , instalación de cantina e alquiler dos altavoces. Realizado. A presidenta agradece a todos os nais/pais por colaborar coa ANPA consumindo productos da cantina.

10.   Aportacións  económicas para excursións de fin de curso: colaboración no pago do transporte e das entradas do parque de bolas en nenos de 3 anos. Realizado.

11.   Aportación económica para a festa de fin de curso: inchables. A votación para esta aportación posponse para o apartado de rogos e preguntas.

12.   Confección e colocación de cortinas no salón de actos: realizado.

13.   Pintar teito do patio cuberto: realizado.

14.   Creación do facebook e renovación do blog da ANPA: realizado.

15.   Reparación e mantemento das mesas do patio de infantil: realizado.

16.   Poda de árbores do patio de infantil: realizado.

17.   Colocación de novos desagües no patio superior: realizado.

18.   Agradecementos:

A presidenta agradece pola súa colaboración de balde :

-          A empresa  Gruas Rivera e un pai dun membro da ANPA  na colocación do desagüe.

-          A varios pais/nais por aportar augas ,zumes e pasteliños de balde para magosto e entroido.

-          A nai dun membro da ANPA pola confección de balde das cortinas do salón de actos.

-          A todos os pais/nais e establecementos que colaboraron na venta de lotería de nadal e rifas.

 

TAREFAS PENDENTES:

1.       Realizadas por parte da ANPA pero sen resposta da administración:

- Solicitude a Xunta do informe referente á reparación/cambio da cuberta do colexio: Sen resposta por parte da Xunta.

 

2.       Solicitude o Concello:

- Do asfaltado da zona de aparcamento de terra e acceso o patio superior.

- Sinal de prohibido aparcar na zona e horario de autobús e pintado de liña amarela.

As dúas solicitudes non tiveron resposta por parte do  Concello.

 

           TAREFAS NON REALIZADAS POR FALTA DE ORZAMENTO:

-  Cambio do cerramento do patio superior. A rede necesaria e de fabricación especial debido a súa altura, (mínimo de 3 metros), e encarece moito a obra.

Posponse para un ano onde se conte con máis orzamento e se reduzan outros gastos. O concello denegou calquera axuda para este asunto.

 

  1. Venta de rifas para o sorteo dunha tablet, Informouse de dita venta mediante unha circular aos pais. A recaudación utilizarase para novos proxectos (entre eles pintar algunhas paredes exteriores do colexio). Posto que o sorteo é o día 7 de Xuño a presidente ofrece rifas aos asistentes á reunión.

 

  1. Posibles novas altas na xunta directiva da ANPA:

 

Incorpóranse:

-          Ángel M. Lorenzo Lorenzo. Vocal.

-          Guadalupe Extremodouro Corujeira. Vocal

 

  1. Rogos e preguntas

-          Sométese a sondeo entre os asistentes se se fai a mesma aportación económica que o pasado ano para a festa de fin de curso. Chégase ao acordo de que se faga dita aportación.

-          Unha nai propón que para o magosto sexan os nenos os que aporten as castañas e que non as pague o ANPA.

 

Sendo as 21.20 hs dase por rematada a asamblea da que eu a secretaria dou fe.

 

Presidenta:                                                                       Vicepresidenta:

Estela Mosquera                                                            Marisa Vilaboa

 

Secretaria:                                                                        Tesorera:

Elena Veiga                                                                       Angela Covelo