lunes, 18 de febrero de 2013

POLO ENSINO PUBLICO

A todas as familias do Ensino Público

         Dende hai varios meses algunhas ANPAS trasladaron a FANPA (federación de ANPAS) a necesidade de facer algo por evitar que continúen os recortes e todas as medidas que se están a tomar tanto desde o Goberno Central como desde a Xunta; que non estivese vinculado a ningún partido político. Sen máis os pais/nais e familias uniramos esforzos para decir todos xuntos que non se pode continuar a afogar o ensino. ENSINO  PUBLICO = FUTURO.
         As medidas tomadas ata agora xa fixeron moito mal. Consideramos que temos a obriga de non quedar calados e expectantes esperando que mais vai acontecer pensando que non somos quen de conseguir cambiar nada.  Cremos  firmemente que non é así, que alomenos temos que intentalo. Así naceu a FESTA DO ENSINO PUBLICO.
         Consiste nunha xuntanza de TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO ENSINO PUBLICO (pais/nais, mestres/mestras, nenos e nenas e toda persoa que pense que o maior perxuizo que se lle pode facer a unha sociedade e mermar as posibilidades dunha educación de calidade)sin ningún tipo de afiliación política.  Non é preciso berrar para facernos oir, tamén se pode falar para pedir que o ensino non estea as ordes do goberno de turno, que son os profesionais de a pé, os que están nas aulas,  os que coñecen a realidade e as necesidades de verdade. Non se pode facer cada 8 ou 10 anos unha lei de educación sometida a criterios políticos. Son horas de exixir un PACTO EN EDUCACION con independencia de quen goberne. Ti, que opinas?
         Convidamos a todas as familias a asistir e disfrutar da 1ª FESTA DO ENSINO
PUBLICO. Vai ter lugar o sábado día 23 de febreiro as 16h no Mirador de Monte Porreiro.
Haberá música, xogos, e unha chocolotada para rematar. Faremos o 1º roteiro do Ensino Público, que consistirá nunha marcha a pé (tamén se poden levar bicis, patinetes, patins. triciclos...) na que pasaremos por os centros de ensino público de Monte Porreiro. Estarán abertos  para participar na festa.

         Sen tí e a túa familiar non será o mesmo. Anímate e ven pasar unha tarde distinta con todos nós.

Esperámosvos.

                                              
                                              

lunes, 4 de febrero de 2013

entroido 2013

xa estamos na sema do entroido.
estamos preparados para o xoves. maña o anpa tendra a sua ultima reunion pra tomalas ultimas decision acerca desa datas
o procedimento despois do desfile do colexio vai selo mesmo de anos anteriores que sera a chegada a escola repartirase a cada neno un vale que podra canxear na cantina por unha filloa unha ourella e un botellin de auga.
os pais nais avos tios e demais familia que acompañedes os nenos podedes tamen merendar con eles calquer dulce tipico destas festas ou empanada ou un chocolate quente con roscon ou bica.